Blogia
BOSTA no es mierda, que es bosta

andan a provocar

Veño da rúa que me come a rabia. Dirixíame a preguntar o precio dunhas entradas pro teatro (a cultura é cousa de ricos, polo visto) e me asalta unha señora na alameda de Pontevedra cuns panfletos. O primeiro que me di:_"¿Eres mayor de edad?._Sí. _Estamos recogiendo firmas (ben se vía) para promover el bilingüismo en las escuelas.

Nese intre púxose en marcha un proceso automático que ten o meu ser (corpo e mente) ante as situacións de dubidosa índole. Cando me ía comezar a señora a explicar o asunto, díxenlle :_Non firmo.  E botei a camiñar. Entón foi cando a miña cabeza escomezou a ferver coas ideas. 1) A señora dirixiuse a min en castelán. 2) Onte escoitei na caixa tonta a Rajoi despotricar contra os cataláns polo abuso do seu idioma nas administracións públicas. 3)En Pontevedra o galego é unha lingua prácticamnete inexistente.

Así que a volta, coa intuición de que estas señoras fedían a pepistas, pareime a falar con outra das recolledoras de firmas.

-¿Dasme un panfleto, e cóntasme de qué vai? -Claro, mira...... e comeza a explicarse  nun galego pésimo e moi forzoso. _"É para que aprueben un decreto de bilingüismo, porque mira, por exemplo en los institutos dan todas estas asignaturas en galego (8 según o panfleto que me ensinaba) e sólo se pode elexir o idioma de éstas (6)".

_Entón queredes cambiar a lei dó número mínimo de asignaturas que hai que dar en galego. Pero si na práctica esa lei non se cumpre...

_Es que nosotros creemos que la imposición (manda truco) do galego está chegando moi lexos...

_Pois en Pontevedra daquí a uns anos non se vai a escoitar nada en galego, porque eu teño compañeiras que se queixan porque queren falalo e non son capaces...

_Mira (e aquí pasouse directamente ó castelán) nosotros lo que defendemos es el derecho a elegir y a no ser discriminados por el idioma. Si no quires firmar nadie te obliga...(e pegouse a volta).

Eu marchei pra casa, de mala hostia, a ler o panfleto da discordia. Este panfleto está escrito en ámbalas línguas, e conten xoias como por exemplo "resulta evidente que un niño castellano hablante al que le explican las matemáticas o la física en gallego tiene una dificultad adicional para el estudio.Como padres tenemos una responsabilidad con nuestros hijos, ya que como ellos no pueden defenderse, a nosotros nos corresponde hacerlo". E o mesmo pola outra cara do papel , pero en galego ("resulta evidente que un neno castelanfalante...").

Vamos, que estas señoras, que seguro seguro que non lle falan en galego ós seus fillos, gastarán as súas enerxías en que os rapaces tampouco o aprendan na escola. Pois millor era que se deixasen de hostias e gastaran as súas enerxías en ensinarlle as matemáticas ós seus rapaces, no idioma que lles pete, ou que recollesen firmas para que nos limpen o campo da basílica, que dá noxo, ou que se vaian ó Bingo e deixen de amolar. Parece que ferve unha nova batalla entre os de sempre, e claro, cando digo que me toca moito os ovarios que pretendan ensinar o himno galego en infantil son unha perigosa filla dos espanholistas, e cando chuspo nos catro subnormais de sempre por intentar erradicar o uso obligatorio do galego nas aulas, son unha perigosa independentista-terrorista-nacionalista-radical. POis nada, desta vez prefiro que me tomen por nacionalista(non sería a primeira nin última vez), porque ¿quén defende ós nenos que teñen pais subnormais?  

1 comentario

sara -

Visita a paxina de galiciabilingüe e verás como se che poñen os pelos de punta de ver as animaladas que se inventan por ahí: resulta que querer dividir os alumnos por aulas, nunhas os galegofalantes e noutras os castelanfalantes. Esto parecese moito a Alemania nazi. En fin por aquí sempre me vacilan con frase como: gallegiña independentista! ajajaja estos de anadalus xa sabes komo son
bikiños prima!